martes, 15 de agosto de 2017

O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO


O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO
Autor: Miquel Obiols
Ilustracións: Roger Olmos
Kalandraka Editora S.L
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: +9 anos

Esta obra é unha recreación do mundo artístico de Joan Miró a través dunha viaxe imaxinaria que o pintor realiza na procura de cinco manchas de pintura fuxidas do seu estudo.

O autor plantexa unha metáfora da arte de Miró nun texto de ton surrealista e cunha gran carga poética, que reborda imaxinación.

Se queres coñecer o punto de mira de Miró, deberás seguir as peripecias de cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas, moitas ganas de manchar.

ISBN:84-8464-098-1
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 27,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.