martes, 4 de xullo de 2017

MAÑÁ FARÁ BO DÍA


MAÑÁ FARÁ BO DÍA
Autor: Luce Fillol
Ilustracións: Ángeles Maldonado

Editorial Galaxia, S.A. 1993
Colección: ÁRBORE

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Mañá fará bo día é un emotivo retrato da vida dos vencidos. A novela desenvólvese en 1939, nas postrimerías da Guerra Civil española. Os cubellas son unha máis das tantas familias que se atopan entre os perdedores da contenda e que se ven obrigados a tomar o camiño do exilio. A partir dese momento empeza unha dura loita pola supervivencia que pasará polos campos de reufixiados, o frío, a fame, a miseria e a ausencia de liberdade. O protagonista da novela é Emilio, o fillo único do matrimonio Cubellas, un rapaz que vai medrar nas durísimas condicións impostas pola derrota en España e polo inmediato estoupido da guerra en Europa. Emilio vai ser consciente de que el tamén ten un papel que desempeñar na loita pola salvación da súa familia.

ISBN: 84-7154-885-2
Nº de páxinas: 115
Encadernación: Tapa blanda






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.