luns, 3 de xullo de 2017

CHANO


CHANO
Autor: David Otero
Ilustracións: Xosé M. Xiráldez
Editorial Galaxia, S.A. 1991
Colección: ÁRBORE

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Chano é un rapaz con cuadrilla que voa por cen espacios en mil tempos tan certos como incertos. Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas cos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustanlles as carreiras  e abren os ollos por ver. Os días transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares. Chano, tratando de explica-la realidade, fabrica un fermoso cadro a toda cor para que poida velo quen queira. Chano e a súa cuadrilla, aínda que semellan disfrazarse, non ocultan nada, no precisan efectos especiais. Ti mesmo, se queres acompañalos, non precisas cinto de seguridade. Non te preocupes, todo irá ben.

ISBN: 84-7154-781-1
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.