sábado, 3 de xuño de 2017

COLABORACIÓN DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA, SOUTOMAIOR E PAZOS DE BORBÉN POLA ANIMACIÓN LECTORA

https://www.dropbox.com/s/07o3p1u5ypzeypy/2017%20Cartel%20Redondela.jpg?dl=0

As bibliotecas da contorna de Redondela levan a cabo a súa primeira colaboración no ámbito da animación á lectura.

A contacontos granadina Ruth Galindo, percorrerá varias localidades con “Los cuentos de ITí”, grazas a unha iniciativa da Biblioteca de Pazos de Borbén.

Ben coñecido é xa o papel que nas bibliotecas da nosa contorna teñen as actividades de animación lectora. As bibliotecas municipais de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén ofrecen con regularidade espectáculos de narración oral para os cativos/as, pero tamén outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademais de promover as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a aprendizaxe, a diversión e o encontro.

https://www.dropbox.com/s/upaxn92ep109k59/2017%20Cartel%20Soutomaior.jpg?dl=0

A realización destas actividades supón sempre un esforzo por parte destas bibliotecas, na xestión e, tamén no que toca aos orzamentos. Nos últimos anos o financiamento dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito, leva axudado a achegar a estes centros a recoñecidos artistas, creadores e animadores do panorama galego.

Fóra das nosas fronteiras, contactar con outros artistas, creadores e comunicadores é máis difícil para bibliotecas de poboacións pequenas. Porén, a iniciativa da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén para coordinar a todos os centros bibliotecarios, dará como resultado a primeira colaboración conxunta para a animación lectora das bibliotecas desta contorna. Así, atravesando de Sur a Norte a Península Ibérica, contaremos para a vindeira semana, nas nosas bibliotecas, cunha excepcional contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo.


https://www.dropbox.com/s/47yevm7b1lmts38/2017-06-07%20RUTH%20GALINDO%20-%20LOS%20CUENTOS%20DE%20IT%C3%AD2.jpg?dl=0

Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (Las Gabias, Granada). Dita biblioteca está irmandada con México e Costa Rica, entre moitas outras, e ven de ser galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura grazas á súa intensa actividade en prol da animación lectora. Doutra banda a nosa contadora tamén é Xerente de "Los niñ@s de las Estrellas", unha Asociación Cultural na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos, monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos os públicos. 

Da inmersión desta traballadora na animación cultural naceron "Los cuentos de ITí”, unha marioneta que conquistará o corazón dos pequenos/as da casa e que, agardamos, terá moito éxito na súa posta en marcha nas bibliotecas da nosa área intermunicipal. “Los cuentos de ITí” de Ruth Galindo foron editados en formato libro no ano 2014, na colección infantil “Caramelo” de “Ediciones Dauro”, e ilustrados por Ágata Lech Zobczak.

https://www.dropbox.com/s/dylekz2au3l4hi6/2017-06-09%20RUTH%20GALINDO%20-%20CANTACUENTOS11.jpg?dl=0

As datas das súas actuacións serán as seguintes: 

Martes 6 de xuño
18:30 horas
Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
“Los cuentos de ITí” 

Mércores 7 de xuño
13:00
Biblioteca de Pazos de Borbén
“Los cuentos de ITí”

18:30
Biblioteca ALM de Chapela
“Los cuentos de ITí” 

Xoves 8 de xuño
17:00
Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
“Los cuentos de ITí” 

Venres 9 de xuño
13:00
Auditorio Concello de Pazos de Borbén
“Cantacontos” 

Sábado 10 de xuño
20:00
Multiusos de Arcade – Soutomaior
“Cantacontos”

Desde o Concello e a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos queremos agradecer aos concellos de Redondela e Soutomaior e ás súas bibliotecas a súa total disposición para que esta colaboración se puidese levar a cabo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.