luns, 26 de xuño de 2017

A PROCURA DE PARK


A PROCURA DE PARK
Autor: Katherine Paterson
Ilustracións: Ángeles Maldonado

Editorial Galaxia, S.A. 1991
Colección: ÁRBORE 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

A procura de Park é a investigación que un neno leva a cabo para atopar as raíces da súa familia. Como os audaces cabaleiros do Rei Arturo que enchen a súa imaxinación, Park, que ten once anos, anda a procura de algo. Quere saber como era o seu pai, que morreu na guerra de Vietnam, e do cal non garda recordos.

 Un día chega á facenda do seu avó, en Virxinia, e atópase con máis obstáculos dos que imaxinara. En primeiro lugar, na casa vive unha nena estranxeira, Thanh, que lle fai burla continuamente. ¿Pero quen era e que pintaba alí? E sobre todo, ¿Como se atrevía a desafialo a el, Parkington Waddell Broughton V, o herdeiro daquela casa? Park terá que aceptar as inquietantes revelacións sobre a súa familia e sobre Thanh antes de descubrir a verdade que anda buscando.

ISBN: 84-7154-760-0
Nº de páxinas: 163
Encadernación: Tapa blanda



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.