martes, 2 de maio de 2017

UN POLBO XIGANTE


UN POLBO XIGANTE
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Luis Castro Enjamio
Editorial Galaxia, S.A. 2000


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos


Este relato de Carlos Casares reúne moitas características que fan os seus textos inconfundibles e que lle valeron o aprecio de miles de persoas dentro e fóra de Galicia.

Con esta historia graciosa e á vez simbólica do mundo da beiramar, con ilustracións de Enjamio, chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man do mellorciño da nosa tradición oral. É a historia dun rapaz que un día ve como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende.

ISBN: 84-8288-387-9
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.