mércores, 3 de maio de 2017

OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO


OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO
Autor: Carlos Casares
La voz de Galicia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da tradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, "bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura".

En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica.

Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.

ISBN: 84-9757-018-9
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa dura




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.