mércores, 17 de maio de 2017

O SOL DO VERÁN

O SOL DO VERÁN
Autor: Carlos Casares 
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Derradeira obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), O sol do verán chega á percepción do lector coa forza e a madurez da grande arte de narrar.

Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente.

Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas.

Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

ISBN : 978-84-8288-668-8
Páxinas : 248
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.