venres, 5 de maio de 2017

O NENO INVERNO

O NENO INVERNO 
Autora: María Canosa
Ilustracións: María Lires
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +12 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

A valentía de ser fráxil

Un neno especial. Un lobo doente. A comunicación entre dous corazóns magoados. Un libro fermosísimo. 

O libro “recupera a entrañable tradición dos relatos contados a carón do lume na cociña dunha casa de labranza e garante así a atención do público lector ao recrear esa agradable sensación de calor que desprende a amizade”. (Ana Luna Alonso)

Sermos Galiza destacan o retrato da realidade do acoso escolar que “está presente de maneira directa e facilmente identificable, mais o termo non aparece mencionado en ningún momento. É un reflexo da sociedade e da realidade que viven moitos nenos. […] O xeito de tratar o tema, de maneira velada, é completamente provocado. Pasar por el en silencio, coma de esguello, sen comprometerse, salvo algunha voz díscola que, cando o fai, se xoga vovlerse o centro do ataque… é un reflexo fiel da realidade”.

ISBN : 978-84-9151-017-8
Páxinas : 148
Encadernación: Rústica
Formato : 13 x 20 cm
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.