sábado, 27 de maio de 2017

MESTERES

MESTERES
Autor: Arcadio López Casanova
La Voz de Galicia, 2002
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Poesía Galega

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), pola súa actitude lírica, cultural e lingüística de firme compromiso, pode situarse dentro dos poetas galegos pertencentes á promoción de 1968, data moi connotada de loita e espírito de loita.

Os dous grandes eixos articuladores de Mesteres son a Terra e o Exilio. A conflitiva relación do poeta coa Terra —o seu sentimento de posesión e desposesión, de atracción e rexeitamento, de amor e maldición, de arraigamento e desarraigamento— configura o concepto bisémico de exilio, que constitúe o gran símbolo ou parábola do libro.

ISBN: 978-84-9757-081-2 (La Voz de Galicia)
ISBN: 978-84-8302-878-6 (Xerais)
Nº de páxinas: 104
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.