sábado, 29 de abril de 2017

O REI DE NADA


O REI DE NADA
Autor: Sabela Álvarez Núñez
Ilustracións: Dánae Barral

Edicións Xerais de Galicia, 1992
Colección: Merlín


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Idade recomendada: +9 anos 

"O rei de nada", os habitantes dunha vila protestan perante o alcalde por non teren auga nin luz. Todo canto faí este é pedirlles trabucos e construír un castelo. A xente vaise e o alcalde convértese en rei... pero no rei de nada. 

"Rocha e o sol", Rocha ten que marchar co seu pai en busca de traballo a outro país onde o sol non quenta todo o ano. Rocha ten que volver ó seu país por non ser quen de atura-lo frío. 

"Ela era unha princesiña", a princesiña deste conto non quere casar, só quere ser astrónoma. Como ó reí isto non lle parece ben, acordou que casaría con quen atinase coa solución dunha adiviña. 

"A cova da serpe", un mouro converteu á nena Rosamoura en serpe e dixo que as terras secarían mentres a serpe alentase. Mariña, coa axuda dunha meiga, será a única capaz de desencanta-la serpe. 

"Anoema",  Anoema ten un soño en que unha anémona, unha pelota e unha guitarra pulan por saíren dunhas caixiñas.

ISBN: 84-7507-457-X
Nº de páxinas: 76
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.