luns, 17 de abril de 2017

O NENO QUE QUERÍA SER MAGO - Animación á Lectura

E agora contos con maxia.


En BIBLIOPAZOS queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO que se celebra en todo o mundo o día 23 de Abril por ser éste un día simbólico para a literatura mundial xa que nese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

O Martes día 25 de abril, teremos con nos na Sala de Lectura da Biblioteca ás 13:00 horas a JAVIER MURO - Mago e Ilusionista que co seu espectáculo de narración oral e maxia "O neno que quería ser mago" contaranos unha historia dun neno que quere converterse en mago despois de ver un espectáculo de circo, e todas as aventuras que lle suceden ata chegar a ser un gran mago. 

Un espectáculo con formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar e coa utilización de diferentes libros aos que lles sucede algo... 

Teremos de invitados nesta actividade aos aos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.