xoves, 6 de abril de 2017

DUN TEMPO E DUNHA TERRA


DUN TEMPO E DUNHA TERRA
Antoloxía poética galega
Autor: Celso Emilio Ferreiro
Introducións: Gonzalo Navaza
Ilustracións: David Pintor

Editorial Tambre, 2012
Colección: Ardentía

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade  recomendada: +12 anos

Poucos poetas galegos gozaron en vida da difusión e da popularidade que tivo a obra de Celso Emilio Ferreiro dentro e fóra do país. Aínda que abordou outros temas e rexistros, a súa poesía social, ao servizo do compromiso colectivo e da denuncia da inxustiza, valeulle o recoñecemento dos seus contemporáneos e acompañou as mobilizacións sociais e a conciencia de oposición á ditadura franquista.

O profesor, poeta e narrador Gonzalo Navaza reúne neste volume case medio cento de poemas que retratan en toda a súa esencia a poética ferreiriana, nacida do compromiso co seu tempo e a súa terra..

O desacougo e a rebeldía fronte a un tempo adverso, a reivindicación, a sátira e mesmo o refuxio dos afectos resoan tamén nas escenas e personaxes recreados por David Pintor.

ISBN: 978-84-15165-74-3
Nº de páginas: 119
Encadernación: Tapa dura



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.