En BIBLIOPAZOS iniciamos as actividades de Animación á Lectura deste ano 2017 cunha actividade para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebra en todo o mundo o día 21 de marzo pero que nos o celebraremos un día antes.
O Luns día 20 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, e para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA teremos con nos ao cantautor galego MANOELE DE FELISA co seu espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada".
Unha actividade para achegar aos cativos e cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais e dalgunha sorpresa lúdica para manter a súa atención e facerlla máis atractiva.
Para a asistencia a este evento temos
invitado aos nenos e nenas de de 1º e 2º de Primaria e de Educación
Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos da EEI "A Galeriña" de
Nespereira.
Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas
Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.