venres, 3 de marzo de 2017

ENTROIDO EN BIBLIOPAZOS

A pasada semana celebramos o entroido en Bibliopazos cos alumnos da Asociación de Pais de persons con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI), nas nosas clases habituais de informática dos martes e venres.

Están facendo un gran traballo baseado no libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" da autora Ledicia Costas e do ilustrador Víctor Rivas

Despois de lerlles o libro en voz alta, os alumnos traballan en varios campos para recopilación de datos do mesmo:

  • Busca na internet dos nomes das personaxes do libro.
  • Busca de porqué lles chaman Escarlatina, Nicotina...
  • Busca dos datos da autora.
  • Busca dos datos do ilustrador.
  • Busca e descarga de imaxes do libro.

Unha vez recopilados os datos os terán que pasar a un arquivo a través do programa de tratamentos de textos Writer e, posteriormente, realizarán co programa Impress unha presentación con diapositivas do seu traballo sobre libro.

Desta forma preténdese que aprendan a utilizar as novas teconoloxías da información e da comunicación mediante a busca de información na web, a descarga de arquivos e imaxes, a inserción de imaxes nun documento, ademáis de repasar a mecanografía e o uso do teclado e do rato para familiarizarse co ordenador.

Pronto veremos o seu traballo finalizado neste blog.

Agora deixamosvos unha mostra dos seus disfraces, e mirade como traballan.

Boullosa, Eva e Tino
Mari Bego e Paulino

Rita e Bego
 
Dadiv, Curro e Adan "Piqué"
 
Bego, Rita, Curro, David, Adan, Eva, Tino, Paulino, Boullosa e Mª Bego
 Ata a próxima noticia



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.