sábado, 25 de febreiro de 2017

PROFECÍA DO MAR


PROFECÍA DO MAR
Autor: Bernardino Graña
La voz de Galicia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura en Galego - Poesía

Os poemas incluídos en Profecía do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. Poesía de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rítmicos do texto conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.

Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, do Poema do home que quixo vivir, título ao que seguirán outros moitos que confirman ao poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea.

ISBN: 84-9757-049-9
 Nº de páxinas: 91
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.