venres, 17 de febreiro de 2017

CONTOS NERVIOSOS


CONTOS NERVIOSOS
Autor: Fran Alonso
Ilustracións. Dani Padrón
Edicións Embora, 2016
Colección: O Globo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

As veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero non paran quietos porque lles tremen as palabras.
 
Estes Contos nerviosos están protagonizados por un neno chamado Amelio que ten unha estraña alerxia ao ruído; por unha nena sen nome que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada e recibe mensaxes misteriosas; por un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade e por Raíña, unha nena caprichosa que se enfada moito na festa do seu aniversario.


Video-lectura das primeras páxinas de Contos nerviosos. A lectura correspóndese coa primeira das catro historias, que leva por título O caso de Amelio, protagonizada por un neno alérxico ao ruido.

ISBN: 978-84-16456-28-4
Nº de páxinas: 71
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.