martes, 21 de febreiro de 2017

CARA A TIMES SQUARE


CARA A TIMES SQUARE
Autor: Camilo Gonsar
La voz de Galicia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Cara a Times Square é unha novela na que o autor  recorre ó artificio do "relato atopado" que el só se limita a editar.  Nela  tece un discurso ambiguo, alucinado, con sentido de alegoría aberta que procura a reflexión do lector.

O narrador-protagonista diríxese a unha segunda persoa, destinataria do escrito, presentando os sucesos dunha noite en que se atopa un estraño personaxe, a quen nomea como "o Belga". Ambos inician un deambular nocturno polas rúas de Nova York, no que recorren espazos fantasmagóricos, que xunto co solipsismo do Belga acaban desesperando ó narrador quen, mentres pasean polo peirao, tira ó mar ó seu acompañante.

O capítulo final semella explicar o relato como un soño do narrador, mais axiña advírtese do erróneo desta percepción.
   
ISBN: 84-9757-082-0
 Nº de páxinas: 161
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.