domingo, 8 de xaneiro de 2017

MORTOS POR AMOR Á TERRA


 MORTOS POR AMOR A TERRA
A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)
Autor: Xosé Ramón Ermida Meilán

Sermos Galiza, S.A; 2016


Xénero: Ciencias sociais

Con motivo do 80 aniversario do golpe de estado de 1936, a publicación recolle un traballo de investigación histórica sobre diversos aspectos da represión franquista en Galiza, con importantes referencias aos feitos acontecidos en Foz e no conxunto da Mariña. 

Un estudo sobre a represión ao nacionalismo galego a través de 78 biografías de persoas asasinadas e un censo mínimo de represaliados polo franquismo.

 Con prólogo de Francisco Rodríguez e un estudo introdutorio do autor. Afonda no coñecemento da represión do nacionalismo na comarca da Mariña mais tamén no papel que este xogou na provincia de Lugo, considerada por históricos dirixentes como o Ulster galego. Era a provincia máis adversa, onde era máis difícil a penetración do nacionalismo, unha tendencia que, no entanto, comeza a reverterse a partir de 1935. Após o golpe de estado fascista de 1936 a vaga represora focaríase naqueles espazos onde se organizou unha maior resistencia rexistrándose fusilamentos e paseos no Ourol, Viviro, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo.. .

 Ermida debullará polo miúdo os protagonistas da nosa historia como Xavier Soto, escritor, amigo íntimo de Manuel Antonio e concelleiro fusilado. Tamén, Balbino Cerveira, fusilado en 1937 após ter sido alcalde de Viveiro. Pedro Penabad Rei, natural de Muras, aforcado en Sevilla en xuño de 1937 ou Modesto Vilar Ínsua, presidente da primeira agrupación guerrilleira galega, tamén asasinado, entre outros. . . 

Tamén se repasará a traxectoria de mulleres como Cristina Pol Díaz, militante do Partido Galeguista e unha das grandes renovadoras pedagóxicas galegas, secretaria do Seminario de Estudos Galegos, desterrada en Ávila. . . 

Unha oportunidade para coñecer polo miúdo a historia do noso país e do nacionalismo galego

ISBN: 978-84-608-9788-0
Nº de páxinas: 238
Encardernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.