mércores, 11 de xaneiro de 2017

JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA


JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS
MULLERES PLANTA
Autor: Ledicia Costas
Edicións Xerais de Galicia,S.A; 2016
Colección: Fóra de xogo
       
Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015
 
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. 

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

ISBN: 978-84-9121-070-2
Nº de páxinas: 240
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.