xoves, 26 de xaneiro de 2017

HÉRCULES E A MISTERIOSA MEDALLA NEWBERY



HÉRCULES E A MISTERIOSA MEDALLA NEWBERY
Autor: Flor-de-Lis Gónzalez Mujico 
Ilustracións: Ricardo Martínez              
Hercules de Ediciones, 2015
Colección: As amizades de Hércules
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

 Idade recomendada: +9 anos

Hércules está aburrido despois de tantos séculos no Olimpo, e encárgalle a Cronos unha máquina do tempo. Con ela planea viaxar pola Historia para visitar a personalidades que coñeceu a través da lectura. Entre os seus novos amigos vai haber escritores, deportistas, etc. Nesta colección, Hércules convídavos a que o acompañedes nas súas viaxes.

Nesta nova aventura, Hércules descobre a existencia dun prezado galardón que se lle concede anualmente aos mellores libros para nenos e adolescentes, e atópase con que o nome do premio vén de John Newbery, pero... non sabe quen é! Buscando en Internet, atopa que Newbery foi libreiro, director de xornais..., pero sobre todo, un pioneiro, pois é nin máis nin menos que o primeiro editor de Literatura Infantil e Xuvenil da Historia. Intrigado pola vida de tan ilustre persoeiro, Hércules decide programar a súa máquina do tempo e viaxar á Inglaterra do século XVIII para coñecelo persoalmente. Tras a súa visita Hércules aprende, entre outras cousas, a respectar o labor dos creadores e editores que conseguen facer soñar aos rapaces coas súas historias de papel.

ISBN: 978-84-943868-5-5
Nº de páxinas: 53
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.