luns, 23 de xaneiro de 2017

A NENEZ GALEGA A TRAVÉS DOS ANTEOLLOS DE CASTELAO


A NENEZ GALEGA A TRAVÉS DOS ANTEOLLOS
DE CASTELAO
Autor: Diana Vilas Meis                                     
Editorial: Deputación de Pontevedra

Xénero: Ciencias sociais

A través das imaxes, das novas ferramentas TIC’s e de moitas fontes bibliográficas os escolares terán que reconstruír como se concibía a infancia na Galicia dos anos XX, é unha proposta práctica que combina pequenos relatos e ilustracións. 

"A nenez galega a través dos anteollos de Castelao" está divido en seis capítulos. O primeiro fala sobre "A vida no fogar" e trata temas como a familia, a alimentación e o vestiario. O segundo está protagonizado por "A vida na escola" e versa sobre a lingua galega, a pedagoxía e o absentismo escolar. O terceiro, sobre "O tempo de traballar", estuda os traballos do fogar e os de fóra. "A Galiza de Afonsiño" é o cuarto capítulo e inclúe información sobre foros, o campo, a pesca, as conserveiras e a emigración. O quinto aborda "A evolución e as transformacións políticas". E, por último, o sexto capítulo toma o Museo de Pontevedra como tema principal, atendendo ao papel de Castelao como fundador desta institución e a circunstancia de que o museo é o que ten o maior depósito de obras deste autor.

A idea é, segun os autores ofrecer unha perspectiva das problemáticas da infancia daqueles anos: a atmosfera de violencia na escola, o problema do idioma, o forte absentismo escolar, a explotación infantil...

O libro, é unha proposta participativa destinada a un uso pedagóxico a través da literatura galega, a filosofía, a ética ou as ciencias sociais e vai destinado aos niveis de secundaria.

ISBN: 978-84-8457-446-0
Nº de páxinas: 129
Encardernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.