venres, 16 de decembro de 2016

QUEBRACABEZAS


QUEBRACABEZAS
Autor: Diego Bianki
Tradución: Manuela Rodríguez                      
Kalandraka Editora, 2016

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
 

Idade recomendada: +3 anos

Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas e coellos viven con nós xunto con millóns de animais e persoas máis.

Se contamos os que viven no ceo e, máis alá das nubes, no espazo, parece como se non existise un número en que puidésemos caber todos, como se cada parte dese número inmenso fose unha peza dun quebracabezas infinito. 

Máis aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo en que somos iguais: TODOS SOMOS DIFERENTES.

E aínda que non haxa un número en que caibamos, hai unha palabra en que si nos podemos atopar: NÓS.

Con este libro, Diego Bianki invítate a seguir sumando e a facer este quebracabezas cada vez máis grande. E máis grande, e máis grande, e máis grande...

ISBN: 978-84-8464-996-0
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.