venres, 23 de decembro de 2016

OBRADOIRO "CÓMO UTILIZAR OS NOVOS TELÉFONOS MÓBILES"

https://www.dropbox.com/s/d8gj0mmnc803rwr/2016-12-22%20CARTEL%20CURSO%20SMARTPHONES%20fondo%20blanco.jpg?dl=0

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local xunto coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos organizan novas actividades formativas, en colaboración coa Coordinadora do Porto de Vigo-OEPV, e baixo o patrocinio da Fundación Vodafone España e da Fundación Belén María de Las Palmas de Gran Canaria dirixidos ás persoas maiores de 45 anos.


A iniciativa contará con varios obradoiros totalmente gratuítos de 6 horas de duración cada un deles, distribuidos en dúas sesións de 3 horas co obxetivo de axudar aos maiores a sacar el máximo partido a su smartphone.

Nos obradoiros impartirase un programa baseado no uso de smartphones (teléfonos intelixentes) e tablets, así como as aplicacións desenroladas para estos dispositivos.

As datas e horarios de impartición se determinarán unha vez finalizado o período de inscricións o día 16 de Xaneiro de 2017.

O temario que se impartirá será o seguinte, tanto para o Sistema Operativo Android como IOS (sistema iPhone), axustándose ás necesidades dos participantes:

  1. Introdución ao curso: Cómo utilizar os novos teléfonos móbiles?
  2. Cómo encender un Smartphone
  3. Encender o Smartphone
  4. Iconos de pantalla
  5. Chamar
  6. Recibir chamadas
  7. Gardar números na axenda de contactos
  8. Escribir mensaxes
  9. Facer fotos e videos
  10. Conectarse a Internet
  11. Acceder a Internet e configurar unha conta de correo electrónico
  12. Descargar e instalar aplicacións (apps)
  13. Aplicacións recomendadas
  14. Redes Sociais nos dispositivos portátiles

O fin dos obradoiros é o de formar ás persoas maiores no acceso aos beneficios que proporcionan os dispositivos móbiles avanzados, pois a aparición  dos mesmos (smartphones e tablets) e a eclosión da banda ancha móbil xeneraron un novo entorno de comunicación que as personas maiores han de asimilar para poder beneficiarse de novos servizos, que lles axudarán a vivir cunha maior autonomía personal e independencia.
 
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
CASA DO CONCELLO - Rúa Pazos nº 52
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)
Telf.: 986 498 934 / 986 497 035
aedl@pazosdeborben.org


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.