xoves, 29 de decembro de 2016

O APALPADOR


O APALPADOR
Autor: Xoán G. 
Biblos Club de Lectores, S.L; 2009

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

O apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.

Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España, e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.

O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.

Neste conto, Xoán G, pretende espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse con concepto positivo do personaxe e con seu agarimo.

ISBN: 978-84-937323-5-6
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.