xoves, 15 de decembro de 2016

GALICIA, NOSA LEDICIA


GALICIA, NOSA LEDICIA
Autor: Xosé Neiras Vilas
Ilustracións: Dani Viéitez                
Edicións Embora, 2015

Xénero: Historia - Infantil

Idade recomendada: +9 anos

Van aquí moitas noticias
con flores, versos, ledicias.
Retallos da nosa historia
que gardarás na memoria.
E has de sentir tenro achego
por ter nacido galego.

Unha historia de Galicia para nenos escrita con menos de 500 palabras! unha historia de Galicia en verso

O talento creador de Xosé Neira Vilas maniféstase neste libro pensado para os nenos pero que agradará tamén aos adultos. A través de 60 pareados, o autor repasa a historia de Galicia desde a cultura castrexa ata os nosos días, con referencias á Idade Media e Prisciliano, aos Irmandiños, á emigración e ao galeguismo, entre moitas outras. Un libro fermosísismo, que Neira Vilas deixou rematado días antes de morrer.

ISBN: 978-84-16456-13-0
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.