xoves, 1 de decembro de 2016

BIEITO DUBIDOSO


BIEITO DUBIDOSO
Autor: Roque Cameselle
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2015            


Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles, era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.

A novela narra as azorosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.

 ISBN: 978-84-9914-803-8
Nº de páxinas: 243
Encuadernación: Rústica
  


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.