luns, 26 de decembro de 2016

A NOITE DO APALPADOR


A NOITE DO APALPADOR
Autor: Xurxo Valcárcel
Ilustracións: Pepe Carreiro
 

Edición e producción de Campo das Redes

Literatura Infantil en Galego - Poesía 


Idade recomendada: +5 anos

O libro trata sobre unha das tradicións galegas mais interesantes do periodo de Nadal.

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal para levarlles agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos e déixalles, ademais de xoguetes, unha presa de castañas.

En Galicia estivo moitos anos esquecido. Agora comeza a recuperarse esa bonita tradición que entronca con outras do Norte de España como o Olentzero basco e o Esteru astur-cántabro.

O rito da “Noite do Apalpadoiro” aparece nomeado na montaña lucense e no Courel, especialmente.

Tamén se chama, noutras zonas de Galicia, “Apalpabarrigas” ou “Pandegueiro”.

DL: VG 1022-2011
Encadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 24

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.