venres, 18 de novembro de 2016

OS CONTOS DE TERROR DO TÍO MONTAGUE


OS CONTOS DE TERROR DO TÍO MONTAGUE
Autor: Chris Priestley
Ilustracións: David Roberts
Traducción: Eva Almazán                        
Sushi Books, 2015

Xénero: Literatura Infantil - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.

Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?


Pero non hai tempo para respostas. Edgar ten que conseguir volver a través do bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?

Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.

ISBN: 978-84-15920-84-7
Nº de páxinas: 175
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.