A Deputación Provincial de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao, desenrolou un programa de exposicións, concertos e obradoiros culturais
que se levan realizado polos 62
concellos da provincia ao longo deste ano 2016.
As actividades programadas centráronse nas disciplinas artísticas que desenrolou Castelao, como son o humor gráfico, o patrimonio, a tradición oral e o mundo da infancia e da emigración, e conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao:
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" únese á celebración do Ano Castelao, e presenta unhas actividades nas que se relacionan as artes plásticas co escénico do mundo dos títeres e das marionetas a través duns obradoiros que terán lugar o próximo Luns, 24 de outubro, na Sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e que serán realizados pola compañía Viravolta Títeres, e patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra.

- O centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra.
- O 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse".
- O Día das Artes Galegas, que este ano se adicou a este autor pola Real Academia Galega de Belas Artes.
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" únese á celebración do Ano Castelao, e presenta unhas actividades nas que se relacionan as artes plásticas co escénico do mundo dos títeres e das marionetas a través duns obradoiros que terán lugar o próximo Luns, 24 de outubro, na Sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e que serán realizados pola compañía Viravolta Títeres, e patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Descrición: Cada un dos participantes elaborará unha máscara empregando materiais que non se adoitan empregar para facer manualidades, deste xeito tratarase de estimular a imaxinación dos cativos/as para que analicen as posibilidades de materiais de uso común e de refugallo para empregalos de xeito creativo noutros contextos que non son os habituais.
Duración: 90 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.
Obradoiro de MONICREQUES DE LUVA con material de refugallo
Descrición: Cada participante elaborará un monicreque de luva, con materiais moi sinxelos, moitos dos cales estarían destinados a rematar o lixo. Unha vez feitas as marionetas os/as nenos/as aprenderán técnicas básicas de manipulación para poder darlle vida ao seu boneco, para logo en pequenos grupos tratar de crear pequenas pezas relacionadas coas obras de Castelao que poderán ser representadas ante os compañeiros/as.
Duración: 120 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.
INSCRICIÓNS:
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Horario: 09:00 a 14:00 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.