luns, 31 de outubro de 2016

OBRADOIRO-CONTACONTOS "A CIENCIA É DIVERTIDA"



Continuamos coas actividades de animación á lectura que teñen lugar neste último trimestre do ano 2016 na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”, grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Fundación Filomena Rivero Alonso e o Concello de Pazos de Borbén.

A seguinte delas delas é o día 10 de Novembro, Xoves, a partir das 11:00 horas, Ana Romero Porto “NITA” traerá o seu obradoiro-contacontos “A ciencia é divertida” para conmemorar a Semana Internacional da Ciencia e a Paz - Día Mundial da Ciencia que se celebra en todo o mundo ese mesmo día.

En dúas sesións, a primeira de 11:00 a 12:00 horas acudirán os rapaces de 1º de primaria, e de 12:30 a 13:30 horas os escolares de 2º de primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, 35 nenos e nenas gozando dos contos e da ciencia. 

Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo.

Deixémoslles experimentar! 
 
VEN ÁS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.