mércores, 12 de outubro de 2016

O ESQUÍO RAMPANTE


O ESQUÍO RAMPANTE
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada                        Edicións do Cumio S.A., 2015                             
Colección: Ao noso xeito                              

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

"Contarei un segredo sobre a maxia: pode estar en calquera parte, porque a maxia non se adestra. Hai maxia nas árbores e nos ríos. Hai maxia na amizade e hai maxia nun balón. Hai maxia neste conto, unha maga, un reloxo e unha misión. Se te atreves, abre a tapa e comeza a viaxe chimpante!".

 "O esquío rampante" é un conto que relata as aventuras que lle suceden a Cósimo, da familia Piogalego de Siador, na procura dun remedio sanador para tratar unha doenza do carballo centenario onde reside esta prole de esquíos.

A historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada fala sobre a amizade, a solidariedade, o amor á natureza, o coñecemento das árbores e plantas son valores que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

Os autores como contadores de contos comezan con esta obra o que vai ser unha interesante colección de inspiración literaria, pois grandes personaxes históricos como o Mestre Mateo ou senlleiros literatos como Federico García Lorca, Blanco Amor, Xulio Verne, Valle-Inclán ou Castelao van ser homenaxeados en sucesivas entregas.

ISBN: 978-84-8289-493-5
Nº de páxinas:73
Encuadernación:Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.