Autor: Valentín Lamas Carbajal
La Voz de Galicia, 2001
Colección: Biblioteca 120 Galega
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un
dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o
prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento
fundamentalmente poético.
O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular
da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e
xornalismo. Agudo polemista, intelixente observador da realidade,
retratista de cadros de costumes, precursor de periodistas, coñecedor da
lingua e dos seus rexistros máis populares.
Nº de páxinas: 114
Encadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.