venres, 16 de setembro de 2016

O SOL NA CRISTA DO GALO


O SOL NA CRISTA DO GALO
Edicións do Castro, 1982
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

O sol na crista do galo é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular.

"E o que sorprende por riba de todo este monllo de historias -sucedidas ou non- é a variedade de rexistros, a capacidade do autor pra contar un feito e prender ao lector no seu desenrolo dende as primairas líneas. Eso sería, si máis non, un elemento que convén destacar nos tempos de hoxe.

Cando tantos centran o seu labor de novelistas na percura dunhos achados técnicos, como tributo á moda ou pra ocultar o valeiro creador, Lueiro limítase a contarnos historias ben trabadas, con homes que viven e falan como os que se van e veñen polas ruas cando nós.

Sinxelas, humanas historias nas que o lector atopa uns persoaxes aos que pode amar ou odiar.

A vida e os soños, teñen, en definitiva a misma materia"
(Basilio Losada)

Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) foi un destacado novelista, poeta e periodista, con títulos en castelán e galego. Garda unha boa colección de premios que avalan o seu talento e a sua dedicación ás letras: Premio Nacional de Periodismo; Premio de Poesía "Ciudad de Vigo" 1960; Premio "Pérez Lugín" da Coruña; Premio de Novela "Ciudad de Oviedo" 1966; primeiro Premio de contos no Certamen Internacional de Valladolid 1966, etc.

ISBN: 978-84-7492-140-6
Nº de páxinas: 136
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.