Autor: Hans Christian Andersen
Adaptación: Manuela Rodríguez
Ilustracións: Ana Sande
Kalandraka Editora S.L., 1999
Colección: Os Contos do Trasno Comodín
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa
Idade recomendada: + 4 anos
Era verán. O campo estaba fermoso. Arredor dos campos había bosques e, no máis profundo dos bosques, un gran lago. Alí, nunha vella granxa, unha pata aniñaba os seus ovos...
...Desde que naceu, mamá pata decatouse de que non era como os demais...
Para os críticos literarios, “O patiño feo” é unha historia coa que o propio Andersen conta os momentos máis difíciles da súa vida, polas mofas que aturou ata que logrou o recoñecemento como autor. Pertenceu a unha familia humilde e a penas tivo estudos: o seu xogo preferido era un teatriño de títeres, do que xurdiu a súa vocación de dramaturgo. Aos 14 años trasladouse a Copenhague, soñando con trunfar no teatro, onde foi bailarín, corista e autor de traxedias, ata que o mecenas Jonas Collins lle conseguiu unha praza na escola latina de Slagelse. Eses anos deixáronlle unha pegada imborrable, que plasmou neste conto universalmente coñecido.
Este texto é unha adaptación especial para primeiros lectores. A obra orixinal foi revisada contando coas claves esenciais que caracterizan a oralidade: narración áxil e directa, predominio da acción sobre a descrición.
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.