Autor: Xabier P. Docampo
Ilustracións: Xosé Cobas
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1989
Colección Merlín Azul
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: + 7 anos
¿Como se fai un conto?
Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.
¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xunta-la auga e o lume.
A nena de auga e o príncipe de lume. Unha vez era un río no que vivía
unha nena de auga e un día pasou por alí un príncipe de lume. O seu amor
era imposible, ó seren de auga e lume.
Mando a distancia. Aleixandre
descobre que o mando a distancia do seu televisor ten poderes
extraordinarios. Lévao á escola e deixa parado ó abusón da escola,
cambia a clase de matemáticas pola de debuxo, báixalle-la voz ós
profesores...
Mouriño. Mouriño é un verme. Os ourizos queren acabar con
el e procuran a axuda dunha pega. Mouriño acóchase nunha tea de fíos de
prata e, pasados varios días, sairá convertido en algo distinto.
O cabalo
de cartón. Un neno quería ter un cabalo e, como os seus país non llo
podían mercar, debuxouno nunha caixa de cartón e o cabalo fíxose
realidade. O cabalo levouno a un lugar onde todo era de papel.
O boneco
con cara de neno negro. A Xildo gústalle facer bonequiños co papel do
xornal. Un día viu un retrato dun neno negro, retallouno e o boneco
faloulle, e, dende aquela, son os mellores amigos do mundo.
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.