domingo, 3 de xullo de 2016

O LIBRO DO NOSO MAR

 
O LIBRO DO NOSO MAR
Autora: María Solar
Edicións LEA,1999
Cadernos didácticos
 
Xénero: Libros infantís - Ciencias
 
Idade recomendada: A partir de 10 anos
 
Dirixido ós rapaces, trata de todo o relacionado co mar: fauna, flora, pesca, marisqueo, mergullo, barcos afundidos, e da necesidade de conservacion. Todo contado polo capitán Faneca.
 
Este é un libro que como se acostuma dicir aplicado á literatura infantil, tamén poden ler os rapaces, pero en ningún caso exclúe aos maiores.
 
O título, O LIBRO DO NOSO MAR, non é casual, nel hai unha palabra que quixera resaltar, "noso", porque o mar non ten propiedade exclusiva, é de todos, ningún de nós pode facer del o que queira porque é noso, pero tamén dos demais. Esa idea dunha propiedade compartida na que todos temos a responsabilidade do seu coidado será unha das claves á hora da lectura, no que se abordan desde os ecosistemas e a vida do mar, ata a súa explotación e conservación. 
 
ISBN: 978-84-89947-60-0
Nº de páxinas: 117
Encadernación: Tapa branda
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.