Era unha nena chamada Rocío. Non lle gustaba nada ler, parecíalle unha perda de tempo.
Un día houbo un miniterremoto na súa vila e todos se asustaron, pero cando rematou non había ningún ferido e a xente despreocupouse.
Ao día seguinte, Rocío foi ao colexio e pasou unha cousa incrible: nos libros non había ningunha letra. Nada. Estaban todos en branco.
Rocío pensou que tería sido polo terremoto do día anterior, e pareceulle estupendo xa que non lle gustaba nada ler.
Esa noite, cando se ía deitar, pediulles aos seus pais que lle lesen un conto. Pero eles dixeron que non podían porque desapareceran todas las letras dos libros. Rocío púxose un pouco triste pero aceptou.
Nos seguintes días, a nena deuse de conta de que todo era máis aburrido, que ninguén ía feliz polas rúas, que non había imaxinación, que non había nada.
E descubriu que a diversión está nos libros, os libros son a chave para divertirse, porque cando ti les un libro a túa imaxinación empeza a voar. Aínda que antes Rocío non gustaba de ler, agora botaba de menos poder desfrutar dun conto, dun libro, dunha historia. Pero agora tiña un grave problema, nos libros non había nin unha soa verba. Ela quería que volvesen as letras, e desexouno con todas as forzas...
Esa noite, cando estaba a durmir, sentiu un leve tremor na súa cama.
Ao día seguinte, Rocío abriu un libro e alí estaban todas as letras. Púxose a ler o conto e decatouse de que o que máis lle gustaba no mundo era ler.

Martina Barral Pousa - 4º curso, CEIP Froebel (Pontevedra)
Texto publicado no libro II CERTAME DE RELATO CURTO editado pola Federación de ANPA de Pontevedra (FANPA), con deseño e produción: Kalandraka Editora S.L.
Libro dispoñible no catálogo de BIBLIOPAZOS:
Contar historias que nunca ocorreron,
narrar accións de ficción,
vidas de personaxes que non existiron...
axudaranos a desfrutar un pouco máis
desta humilde escola que é a literatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.