mércores, 15 de xuño de 2016

SEDE CENTRAL - Relatos


SEDE CENTRAL - Relatos
Varios autores
Edita: Clube Cultural Adiante. Vigo. 1988

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa - Relatos

O libro que tes nas mans, á vista está, é unha obra colectiva. Pero éo, non só porque oito coñecidos homes de letras, galegos e non galegos, se puxeran de acordo en conxunta-los seus esforzos nunha tarefa común, aínda que diversa. Ese carácter de labor colectivo venlle dado por todo o proceso que arrodea a publicación, dende o intre en que naceu como idea ata chegar ás túas mans...
(Prólogo de Fernando Acuña - Secretario Xeral da CXTG-IN - Outubro 1988)

Este exemplar de narracións curtas contén os seguintes títulos:

  • "Como Lugrís aprendeu a pintar sereas" - Darío Xohán Cabana.
  • "As chuvias do verdugo" - Manuel Guede Oliva.
  • "Petite Bohême" - Koldo Izaguirre - Tradución de Xosé Manuel García Crego.
  • "Un vello hábito" - Juan Madrid - Tradución de Xosé Cid Cabido.
  • "Medias azuis" - Xosé Luis Méndez Ferrín.
  • "Fly off" - Antoni Serra - Tradución de Xabier Rodríguez Baixeras.
  • "A Pasión segundo San Mateo" - Suso de Toro.
  • "Lucas no fim do Credo" - José Viale Moutinho.

Depósito Legal:VG 345/1988
Nº de páxinas: 93
Encadernación: Rústica con solapas ilustrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.