mércores, 8 de xuño de 2016

ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL

 

Enciclopedia Galega Universal (EGU)
Editor: Bieito Ledo Cabido
Director: Xosé A. Perozo
Ir Indo Edicións 
 
Xénero: Consulta - Enciclopédias
 
Premio da Crítica Galicia 2001
Trofeo Galeguidade 2003 da Orde da Vieira 
 
A Enciclopedia Galega Universal é unha obra de carácter analítico ordeada alfabéticamente e dividida en artigos ou entradas.
 
 
Todas as entradas teñen a súa correspondencia en portugués, castelán e inglés, ademais da etimoloxía, ou procedencia doutras linguas como latín, grego, francés, italiano, etc.
 
A EGU achega as últimas tendencias no tratamento das ciencias sociais e as humanidades, as que aborda con enfoques novidosos.
 
Dedícase especial atención a disciplinas como a historia, antropoloxía e etnografía, arqueoloxía, arte e patrimonio cultural, filoloxía e lingüística, paleografía e epigrafía, arquivística, heráldica, música, educación, literatura, teatro, deportes, etc.
 
Novas disciplinas como o cine, literatura infantil e xuvenil, publicidade, deseño, informática, política, turismo, gastronomía, etc. teñen un espacio fundamental na EGU.
 
A EGU constitúe unha fonte excepcional de consulta sobre a labor das personalidades vivas vinculadas aos diferentes eidos da actividade profesional e artística de Galicia.
 
No tratamento da lexicografía introdúcense tres campos que resultan un tanto inusuais en obras desta envergadura como son os sinónimos, os antónimos e as confrontacións.
 
Características:

- 16 tomos de 23 x 29 x 4 cm.
- Encadernación de luxo en guapex con estampación de ouro.
- 520 páxinas en cada tomo, o que fai un total de 7.280 páxinas.
- Impresa en cuadricomía, cunha maquetación moderna e de fácil utilización.
- 30.000 ilustracións a toda cor.
- 200.000 entradas, 60% de temas universais completados desde a perspectiva de Galicia. 40% de temas galegos.
- Redactada e recomendada por máis de cincocentos expertos.
- Coa lexicografía máis completa da lingua galega.
- Cartografía totalmente nova das 53 comarcas galegas e dos 315 concellos con máis de 4.000 parroquias.

-A grande enciclopedia do noso tempo-

-O apoio imprescindible para os estudios dos fillos-

-Un gran fondo cultural nunha obra excepcional-

Formato en papel, 16 tomos
ISBN da Colección: 84-7680-288-9
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.