sábado, 11 de xuño de 2016

DOS ARQUIVOS DO TRASNO


DOS ARQUIVOS DO TRASNO
Autor: Rafael Dieste
Editorial Galaxia
3ª Edición Biblioteca Básica, Outubro 1987
Colección: Biblioteca Básica da Cultura Galega

Xénero: Literatura Galega - Narrativa 

Dos arquivos do trasno publicouse no ano 1926.

Desde aquela data, o libro non cesou de medrar na consideración dos lectores e da crítica. Con el, a arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego cunha brillantez inusitada.

Un mundo narrativo no que o misterioso e o extraordinario se mestura de xeito indisoluble co popular e cotián.

A obra literaria de Dieste fai lostregar a realidade cunha luz que atrae e engaiola.

"O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato.

E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.

ISBN: 978-84-7154-420-2
Nº de páxinas: 118
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.