Editorial Galaxia
3ª Edición Biblioteca Básica, Decembro 1986
Colección: Biblioteca Básica da Cultura Galega
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega.
A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor.
A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor.
Tivo que
publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura
franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas
peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos
arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou
desde a distancia o seu Ourense natal.
A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

Nº de páxinas: 150
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.