martes, 17 de maio de 2016

OS SOÑOS NA GAIOLA


OS SONOS NA GAIOLA
Autor: Manuel María
Ilustracións: Xaquín Marín
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín Verde, 2ª edición 1992

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: + 9 anos

Galicia, as cousas, homes e terras, nenos e nenas, animais a paxaros, o cuco, as anduriñas, o pardal e o paspallás.

O mundo a través dos ollos dun dos nosos grandes poetas.

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas.

Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.

De seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento.

No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado.

"Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.

Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.

Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco". 

ISBN: 978-84-7507-470-7
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.