EDIPO
Autor: Manuel María
Introdución e edición: Manuel A. Mato Fondo
Edita: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Serie: Azul (literatura teatral galega), nº 30
Xénero: Teatro Galego
Lembramos nitidamente que escribimos a nosa obriña teatral Edipo en tres anacos de tres tardes do mes de Novembro ou San Martiño do ano 1960.
O mito de Edipo é moi rico e complexo e xa fora tratado, como se sabe, maxistralmente polos tráxicos gregos. Nós simplificámolo -conscientes de que o empobreciamos- e quixemos escribir unha obra sen pretensións, sinxela, elemental, case esquemática por se algún día tivésemos a fortuna de que a representase un grupo de non-profesionais das táboas. Non acadamos esa sorte e a peza ficou ata hoxe entre os nosos papeis.
Co Edipo tentamos crear un personaxe que resultase ser un anti-Franco, o tirano cruel e omnipotente que estabamos a padecer. Un Edipo que fose, máis que un rei ou un brinquedo do Destino e da Fatalidade, un home bo, xeneroso, inconmovíbel nos seus principios éticos: o xefe humanísimo que endexamais atraizoa ou atraizoará a súa xente, cumpridor do seu deber ata as derradeiras consecuencias, disposto a sacrificar a vida polos seus ideais se preciso for. De Antígona quixemos facer un prototipo de muller forte, valente, filla exemplar e heroica, trasunto das galegas nais, donas, fillas de emigrantes -e non só- que tan insuperábel e esforzado cometido desempeñaron todo ao longo da historia do noso pobo.

Manuel María
ISBN: 84-9749-097-5
Nº de páxinas: 120
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.