venres, 20 de maio de 2016

CONTOS DE JACK LONDON

CONTOS DE JACK LONDON
Autor: Jack London
Traducción: Begoña Combo Castro, Patricia Fernández de Aguirre e Equipo TrisTram
Ilustracións: Matalobos
Editorial TrisTram S.L.
Colección: TrisTram relatos, nº 11

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Jack London é sinónimo de aventura.

A aventura deu forma a súa biografía -corenta intensos anos a cabalo entre dous séculos e cinco continentes- e deu forma tamén a súa literatura.

Os relatos escolmados neste volume son unha mostra do talento narrativo de London e do plurar do seu mundo.

No interior do libro pódese respirar o aire xélido das terras de Alaska, o calor abafante das chairas do Oeste, os ventos, favorables ou non, que moven un barco por un mar calquera.

Están, tamén, neste libro cousas de London das que pouco se fala: o humor corrosivo do que por veces facía uso, a súa querencia pola ficción científica.

Pero está, sobre todo, o sentido da acción que tan maxistralmente aproveitou o escritor en novelas e relatos, o humanismo encarnado nese individuo que está só, nun territorio hostil, enfrontado a poderosos inimigos como son a Natureza, o resto dos homes e a fraxilidade do ser humano.

Da loita entre eles e a dignidade do individuo falou London en historias como as que aquí se ofrecen.

ISBN: 978-84-89377-17-0
Nº de páxinas: 165
Encadernación: Cartoné


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.