domingo, 22 de maio de 2016

CANTA A LÚA COAS ESTRELAS

CANTA A LÚA COAS ESTRELAS
Música: Manuel Vázquez (Manoele de Felisa)
Ilustracións: Isa Albela
Edita Sons de Galicia (Técnicas & Gramaxe S.L.)

Xénero: Literatura Infantil - Poesía - Música

Idade recomendada: + 3 anos

Xosé Neira Vilas dicía na presentación deste libro-CD no Teatro Principal en Santiago de Compostela o día 8 de marzo do pasado ano 2015 que “tense ou non se ten", e este proxecto ten. Ten a sustancia do corazón, ten o agarimo de Rosalía, ten a acollida de todas as persoas que a queren (que son moitas porque ela é unha moi boa persoa e profesional), ten a fermosa voz de Manoele de Felisa, ten o acompañamento de músicos e voces de amigos, e ten as ilustracións de Isa Albela que lle dan un toque moi naif.

As cancións do volume son poemas dos tres libros que ten publicado Rosalía Morlán, ademais de cinco textos inéditos, que se dirixen a toda a familia segundo a autora. 

O Nadal, o castelo da Rocha Forte, os animais ou a vida na aldea son algúns dos temas que aparecen no disco. Manoele de Felisa está acompañando nesta iniciativa polo grupo infantil Os Piñeiriños. 

De interese mesmo para os máis pequenos, que seguro que gustan de arremedar todos os sons dos animais que se repiten no disco. 

ISBN: 978-84-943036-3-0
Nº de páxinas: 32
Formato: 22,5 x 22,5 cm
Encadernación: Tapa dura 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.