sábado, 7 de maio de 2016

A TRIBO TEN CATRO RÍOS

A TRIBO TEN CATRO RIOS 
Autor: Manuel María
Ilustración da cuberta: Fran Jaraba
Ediciones SM, 1991 
Colección "Barco de Vapor" Serie vermella

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 12 anos 

Manuel de Paderna é barbeiro e alguacil do concello. E, tamén, poeta. El coñece os versos que fan nacer regatos e erguer quioscos de música. Enténdenlle a súa fala as fontes e o río é amigo seu. E teu, se o queres soñar.

Aínda que a don Capitón, o alcalde, non é que lle chisten moito esas andrómenas...

MANUEL MARÍA, un dos autores fundamentais da literatura galega contemporánea, recupera nesta "crónica" a outra Historia, lúdica e entrañable, do seu Outeiro de Rei natal.

ISBN: 978-84-348-3441-3
Nº de páxinas: 92 
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.