domingo, 29 de maio de 2016

A ROSA

A ROSA
Autor: Camilo José Cela Trulock
Traducción: Mª Isabel Soto e Alexandra Cabaleiro
Edita: Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002 

As memorias da infancia do gran Premio Nobel. 

A rosa é o primeiro volume das memorias de Camilo José Cela, dende o seu nacemento en 1916 ata 1923.

Ó seu redor aparecen a familia materna, os ingleses Trulock, e a casa de Iria Flavia onde naceu, e a familia paterna de Tui, os Cela, con quen pasa unha temporada.

Nesta nova edición inclúense once capítulos que non apareceron en 1959, cando se publicou por primeira vez A rosa.

Camilo José Cela partiu da idea de que non existe idade adecuada para escribir un libro de memorias porque "ningunha idade presta benestar ó recordo", e da amarga convicción de que "recordar é saberse morrer, buscar unha cómoda e ordenada postura para a morte".

Así, dende esta hora crucial da vida do home, na que sente por vez primeira a nostalxia da nenez perdida e na que aínda alenta poderasamente dentro del a paixón de vivir e a esperanza de logralo, escribiu Cela estas páxinas, irónicas e cheas de morriña, maliciosas e entrañables, de A Rosa.

ISBN: 978-84-453-3325-9
Nº de páxinas: 277
Encadernación: Cartoné





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.