venres, 1 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA - XVII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Hoxe comenza no Pazo da Cultura de Pontevedra o
 
XVII Salón do Libro: "Canta bichería!"


Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
 
Todos eles teñen cabida no Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016, e cambia, despois de varios anos, o seu mes de celebración para adaptarse ao calendario escolar.
 
Os seus organizadores aseguran que o salón manterá a creatividade e imaxinación nesta edición, co obxectivo de seguir fomentando a lectura en galego.
 
O XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil contará cun programa amplo e variado co que cada ano intenta sorprender, compracer, divertir e formar a un público cada vez máis esixente.
 
Así que xa sabedes os "bichos" invaden estes días o Pazo da Cultura de Pontevedra. Pero tranquilos, non se trata dun problema de hixiene senón dos protagonistas desta nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
 
Podedes consultar o Programa diario de actividades facendo clic na seguinte imaxe:
 
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016/programacion.aspx
 
Tamén podes descargalo en formato PDF para imprimilo, facendo clic AQUÍ.
 
Desde BIBLIOPAZOS aproveitamos a ocasión para convidar a todos os veciños e veciñas a participar nas actividades deste importantísimo evento adicado á Literatura Infantil e Xuvenil.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.