Edita: Pazo da Cultura de Pontevedra
1ª edición, febreiro 2016
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: + 9 anos
"As peripecias de Extravaganzza Pérez" trata da viaxe dunha nena que se chama Extravaganzza. Esta percorre o mundo visitando diferentes ecosistemas nos que vai descubrindo as diferentes especies que hai polo mundo.
A
protagonista da historia é unha nena "valente e peculiar" que ten a particularidade de nacer con lentes e de comunicarse
de modo sutil cos animais. Unha "nena peculiar, pero con moita personalidade, valente e coas ideas moi claras".
A pequena ten unha discapacidade polo que naceu con lentes. Esa combinación xunto coa súa forma de compaxinar a roupa foi o que deu lugar ao seu nome. "Pensa que pasar o ferro a roupa é unha perda de tempo e gústalle combinar lunares con rombos, é un pouco extravagante", relata a autora.
A pesar de ser un libro recomendado para nenos entre 9 e 12 anos a escritora está segura de que ese rango de idade aumentará, xa que é "unha lectura moi sinxela, unha historia fácil de ler".
A pesar de ser un libro recomendado para nenos entre 9 e 12 anos a escritora está segura de que ese rango de idade aumentará, xa que é "unha lectura moi sinxela, unha historia fácil de ler".
Depósito Legal: PO 66-2016
Nº de páxinas: 157
Encadernación: Tapa blanda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.